Jueves, 30 de Marzo de 2017 (c)Proyecto ZonasCardio  ·  wwww.zonascardio.org  ·  info@zonascardio.org ·  944 308 166

Comprar Desfibrilador DEA - Formación RCP

Portada  |  Contacto  |  Comprar Desfibriladores
Jornadas de CORAZN AMIGO en el Concello de Narn
14/05/2010

 ver_artculo_completo_140foto_140_01

 

 Nota : la noticia en el video desde  Minuto 48:38 al 50:15 , desde 1: 14 a 1:17 y desde 2:00:00 a 2:03:40

 

14/05/2011

O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o sábado 14 de maio, en horario de 10:15 a 14:00 horas, as xornadas “Corazón amigo”, organizadas pola Fundación Zonascardio en colaboración co Concello de Narón.

A entrada é gratuita, e as inscricións para participar nos obradoiros complementarios pode realizarse o mesmo día.

Trátase dunha serie de conferencias dirixidas ó público en xeral, pero sobre todo a deportistas, nas que se incidirá na importancia de manter a saúde cardiovascular. As xornadas será inauguradas polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen dará paso a cinco ponencias sobre as enfermidades cardiovasculares e a prevención da morte súbita do deportista, a dieta cardiosaudable e o deporte, a desfibrilación temperá, o tabaquismo, e a alimentación saludable. Estarán impartidas por doutores especialistas nestas áreas.

Ademáis, completaranse con obradoiros durante toda a xornada nos que se elaborarán platos cardiosaludables, se ensinarán técnicas de reanimación cardiopulmonar, haberá un concurso de debuxo e de relato corto, e deportes (spinning, aerobic, e pilates). Tamén se realizará unha gimkana coa misión de intentar salvar a vida de alguén que sufrira un paro cardíaco.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou o compromiso firme do Concello coa protección da saúde cardiovascular, materializado nunha inversión de 25.000 euros destinados á compra de desfibriladores. Así, téñense instalado 9 equipos de reanimación cardiovascular nos principais edificios públicos: Casa Consistorial, Pazo da Cultura, pavillóns polideportivos, campo de fútbol, e vehículo de Atestados da Policía Local. Ademáis, téñense formado a 42 persoas para poder usar estos aparatos.

“A prevención de accidentes cardiovasculares é moi importante para nos, porque en Narón temos 3.500 rapaces e rapazas practicando deporte e temos que poñer os medios necesarios para evitar este tipo de sucesos”, declarou ó respecto o rexedor.

 


 
© Proyecto ZonasCardio · www.zonascardio.org · info@zonascardio.org · Tlf: 944 308 166 • Los chopos 79, 48991-Getxo (Bizkaia)

Zonas Cardio por la cardioproteccion. Dotacion de desfibrilador y formación en soporte vital bsico y avanzado y desfibrilacion semiautomtica.